Santa Sabiña mantén o seu idilio co fútbol

O panorama meteorolóxico e a existencia de máis alternativas deportivas non impediron que os promotores do clásico torneo de fútbol-7 de Santa Sabiña quixeran manter o seu compromiso cun dos trofeos máis lonxevos da provincia.

18 equipos participaron nunha competición que foi gañada polo Rosfavi (foto de portada). Houbo equipos procedentes de Santa Comba, Negreira, A Baña, Cabana, Carballo, Bastavales(Brión) e incluso Betanzos.

O cadro de honra quedou así:

-1* Rosfavi (Trofeo donado por Motos López)
-2* Gesto y García ((Trofeo donado por Comercial Espaher)
-3* Santa Sabiña (Trofeo donado por Cristalería Vilas)
-4* Facal Construvi (Trofeo donado por Excavaciones Souto).

Desde a organización destacan o aumento do nivel rexistrado: “O que se pode observar é que cada ano os equipos son máis competitivos, son como seleccións de xogadores, con moita calidade, e físicamente coma motos. Non é como fai anos que se xuntaban 4 amigos para unha pachanga”.

E no apartado dos agradecementos mencionan ao Concello de Santa Comba, Deputación da Coruña e casas comerciais, amigos e veciños.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos