Doro, O Tigre de Bazar, recibiu unha homenaxe en Santa Comba

Fotos- Raúl López-

Celebra Santa Comba as Festas de San Pedro que nesta ocasión contaron cun aliciente social e deportivo, a merecida homenaxe a Sergio Prego Cancela “Doro”.

Fontenla acolleu un partido entre as Leyendas del Real Madrid e unha selección de veteranos do Xallas FC, presenciado por un milleiro de persoas.

Gañou o equipo merengue por 6 a 2 , pero o resultado non foi o relevante, dunha xornada emotiva que serviu para recoñecer a traxectoria do Tigre de Bazar.

E nun ambiente festivo, Doro presidiu un carrusel de emocións vivido nesta xornada. E tamén marcou os dous goles do equipo verdinegro.

Xunto coas “Leyendas del Real Madrid”, xogadores do fútbol da costa, familiares e amigos de Doro, no acto, organizado pola empresa Devalux, tamén estivo representada a Federación Galega de Fútbol pola directiva Silvia Cancela, ou o concello de Santa Comba co alcalde Alberto Romar, así como outras entidades que colaboraron no evento como ASFACOS.

Sen dúbida unha xornada que nunca se borrará da memoria do Gran Capitán.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos