O Xallas consegue o ansiado ascenso á Primeira Autonómica

Un partido moi serio defensivamente, sen especular co resultado e facendo méritos para conseguir a vitoria. Estacionar un autobús en Fontela non era o plan, nin o carácter dun equipo que logrou un merecido ascenso. Escapouse a liga no último sospiro e este domingo caloroso non se podía fallar. E o Xallas non fallou.

O Xallas FC tivo enfrente un equipo que buscaba o mesmo tesouro, pero aínda tendo as súas ocasións e xogando a un nivel aceptable non propuxo demasiados argumentos para superar a un Xallas moi solvente.

Non se moviu o marcador en Fontenla. O Atlético Os Castros buscaba abrir ocos pero encontrouse un Xallas moi atento.No primeiro tempo Iván Couto tería varias intervencións, pero tamén Rubén Blanco e incluso Bryan cun tiro lonxano que non subiu o marcador sorprendentemente, poideron marcar.

No segundo tempo os visitantes non perdían a esperanza pero os puntais xalleiros levaban perigo a porta coruñesa con certa frecuencia. Sergio Barbeira ou o recén entrado Maca facían posible pensar na vitoria dos locais con xogadas perigosas e desequilibrantes. E incluso Bryan marrou unha pena máxima. O empate valía pero o Xallas quería gañar.

E durante todo o partido sempre houbo un Facal, un Peke ou un García, para abortar os ataques rivais. Destacar o esforzo de todos os efectivos do equipo adestrado por Doriño e Churián que certificaban unha tempada excelente. Un derroche colectivo de coraxe que se traduce nun ascenso histórico coa xusta celebración posterior polas rúas de Santa Comba. PARABÉNS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos