Guvet-Barcala Futsal, campión da Copa de fútbol sala de Santa Comba 2026

O pavillón municipal de Fontenla acolleu a clausura da tempada de fútbol sala de Santa Comba 2026, unha xornada na que se disputaron as finais da Copa e se entregaron os premios da Liga Municipal.

Na final da Copa, o Guvet-Barcala Futsal proclamouse campión tras vencer por 3-2 ao San Cristovo nun partido moi igualado. O encontro mantivo a emoción ata o final.

O terceiro posto da competición foi para o Santa Sabina, que superou ao Vimianzo Cachopo Team na quenda de penaltis tras un duelo moi disputado.

Equipo do San Cristovo campión de Liga e subcampión de Copa

Na entrega de premios individuais, Álex Facal (Santa Sabina) foi recoñecido como máximo goleador da Liga con 35 tantos, mentres que Santi Pose (Talleres Arán) recibiu o premio ao porteiro menos goleado. O galardón ao equipo máis deportivo foi para o San Cristovo.

En canto á Liga Municipal de Fútbol Sala 2026, o San Cristovo proclamouse campión tras unha tempada moi regular. O Rubio Maquinaria Agrícola finalizou como subcampión, mentres que o Guvet-Barcala Futsal e o Talleres Arán completaron os postos de honra da clasificación final.

O acto contou coa presenza contou coa presenza do alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, a concelleira de Deportes, Patricia Val Antelo, a representante da Real Federación Galega de Fútbol (Futgal), Silvia Cancela, e a técnica municipal de Deportes, Elisa Capelo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos