Doro agarda o ascenso do Xallas antes da súa homenaxe en Santa Comba

O Xallas FC afrontará este domingo un dos partidos máis importantes da súa historia recente coa oportunidade de culminar o ascenso de categoría, un obxectivo que, segundo destacou Doro nunha entrevista en Radio Xallas, sería o premio ao traballo desenvolvido durante os últimos anos por xogadores, técnicos e directivos.

“Ganas de facer algo bonito”

O veterano referente do fútbol de Santa Comba mostrouse convencido das posibilidades do equipo tras a vantaxe obtida no partido de ida e destacou a resposta do vestiario nun momento decisivo da tempada. «Os rapaces están incriblemente ben, con moitísimas ganas de facer algo bonito», afirmou.

Segundo explicou, o equipo soubo adaptarse ás esixencias dunha eliminatoria de ascenso, priorizando a competitividade e a eficacia sobre o espectáculo.

Sergio Prego «Doro» valorou especialmente a seriedade mostrada polo conxunto nos últimos encontros e sinalou que o grupo está preparado para afrontar os noventa minutos decisivos. Todo, evidentemente, nun partido que se presenta aberto, coa vantaxe dun gol para os xalleiros.

Doro con Lema en Radio Xallas

Chamamento á afección do Xallas FC

O exxogador e actual membro da estrutura do club puxo en valor o feito de que o proxecto estea composto por futbolistas da casa, unha circunstancia que considera clave no crecemento da entidade.

Ao seu xuízo, lograr dous ascensos en tres anos cun bloque de xogadores formados no propio club, suporía un éxito extraordinario para o fútbol local.

Durante a entrevista tamén destacou o traballo desenvolvido polo corpo técnico e pola directiva, así como os resultados acadados polo resto dos equipos da entidade. «É unha tempada incrible», asegurou ao repasar os éxitos das categorías de base, do fútbol feminino e do primeiro equipo.

De cara ao encontro definitivo, fixo un chamamento á afección para que acuda ao campo e contribúa a empurrar ao equipo cara ao obxectivo. «Gustaríame ver o campo cheo», indicou, convencido de que o apoio da bancada pode resultar determinante nunha cita destas características.

Paco Buyo e Doro na presentación do acto do 27 de xuño

Homenaxe a Doro

Este mes de xuño terá ademais un significado especial para Doro a nivel persoal. O histórico futbolista recibirá unha homenaxe promovida polo club e por persoas vinculadas ao fútbol da comarca en recoñecemento á súa longa traxectoria deportiva.

Será o 27 de xuño cun partido entre Veteranos do Xallas e a Lendas do Real Madrid. «Foi unha sorpresa auténtica e tamén unha dose de emoción tremenda», afirmou.

Doro agradeceu as mostras de afecto recibidas durante os últimos días e destacou o valor que ten para el o recoñecemento «Faime unha grandísima ilusión», sinalou ao referirse á homenaxe.

Con todo, o foco inmediato segue posto no partido do domingo, onde o Xallas buscará converter en realidade un ascenso que sería histórico para unha xeración de xogadores formada maioritariamente na casa e para un club que leva anos apostando polo fútbol de base como eixo do seu proxecto deportivo.

O Xallas despois de gañar o partido de ida da fase de ascenso
O Xallas FC despois da victoria no partido de ida fronte o Atlético Os Castros

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos