Xallas-4- Cee-0
A VI Copa da Costa quedou en Santa Comba, onde o Xallas FC adestrado por Eloy García logrou superar ao U.C. Cee na final disputada en Fontenla.
Olalla Antelo “Oli” e Claudia Espasandín asinaron respectivos dobretes para certificar o triunfo nunha tempada histórica para as bravas verdinegras, permanencia na Primeira División Galega e este novo título da Copa da Costa.
Fin de semana magnífica coa celebración da Xallas Cup e a vitoria do equipo da Liga da Costa, que vencía ao Suevos e xogará a definitiva eliminatoria de ascenso a Primeira Autonómica.
Ao encontro asistiu o presidente da Federación Galega, Pablo Prieto, e os alcaldes de Santa Comba e Cee, Alberto Romar e Margarita Lamela, entre outros.

