Deportistas xalleiras destacan na ximnasia rítmica e no atletismo

O deporte escolar e de base de Santa Comba acadou novos resultados destacados nas últimas competicións autonómicas e provinciais.

Catalina Ramos López

No Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica, disputado en Pontevedra, a deportista Catalina Ramos López formou parte do equipo sénior do Club Rítmica Compostela que se proclamou campión galego da súa categoría.

Mia Castro Tuñas

Tamén en Pontevedra, a ximnasta Mia Castro Tuñas, integrante do Club Ximnasia Rítmica Viravolta Santiago, conseguiu o título de campioa galega escolar na categoría alevín. O seu equipo rematou na primeira posición nun campionato no que participaron máis de trinta conxuntos procedentes de distintos puntos de Galicia.

CEIP Pepe de Xan Baña

Por outra banda, o equipo benxamín feminino de campo a través do CEIP Pepe de Xan Baña proclamouse campión provincial escolar na competición celebrada no Porto do Son. O conxunto estivo integrado por Nayra García Lago, Antía Gabín Carballo, Nerea Capelo Torreira, Julia Sande Barreiro, Alba Allo Ares e Ainara Calvo Vázquez.

O título chegou tras a suma dos resultados individuais das atletas nunha proba que reuniu a equipos de toda a provincia. Este triunfo permite ao centro pechar unha destacada tempada no deporte escolar.

Tres éxitos que sitúan a deportistas de Santa Comba entre as mellores das súas respectivas disciplinas e categorías durante a presente campaña deportiva. Os nosos parabéns !!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos