Santa Comba acollerá dous torneos de fútbol-7 durante o mes de xullo

O Concello de Santa Comba volverá a acoller este verán dous torneos de fútbol-7 clásicos na contorna que reunirán equipos e afeccionados de distintos concellos durante o mes de xullo de 2026. En Castriz e en Santa Sabiña.

Torneo de Castriz

O primeiro deles será o torneo de Castriz, organizado pola Sociedade Deportiva Castriz, que se disputará os días 4 e 5 de xullo no campo de herba artificial de San Pedro de Castriz.

A competición repartirá premios de 2.000 puntos para o equipo campión, 800 puntos para o segundo clasificado, 300 para o terceiro e 150 para o cuarto. A organización establece unha cota de inscrición de 150 puntos e fixa o prazo límite para anotarse o 2 de xullo ás 21.00 horas. O sorteo celebrarase ese mesmo día ás 22.00 horas no Bar Cataliño. Ademais, durante o torneo haberá churrasco para os asistentes.

Torneo de Santa Sabiña

Unha semana despois celebrarase o XXVIII Torneo de Fútbol-7 de Santa Sabiña, previsto para os días 11 e 12 de xullo no campo de herba da parroquia.

O campionato repartirá premios de 1400, 600, 200 e 100 puntos para os catro primeiros clasificados, respectivamente. Neste caso, a cota de inscrición será de 100 puntos e o prazo rematará o 9 de xullo ás 21.00 horas. O sorteo dos emparellamentos terá lugar ás 22.00 horas no bar ou no propio campo, segundo indique a organización.

A organización anuncia servizo de churrasco e bocadillos para os asistentes durante a celebración do evento.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos