Xallas e Baio iniciarán a Fase de Ascenso o vindeiro domingo 31 de maio

O Xallas FC comezará en Arteixo a súa loita polo ascenso á Primeira Autonómica. O rival será o Suevos C.F., equipo da Segunda Autonómica coruñesa que rematou na quinta posición da súa liga.

Será unha eliminatoria a dobre partido. O primeiro match no campo dos Ríos (Suevos), o domingo 31 de maio. A volta será en Fontenla á semana seguinte.

No caso de superar esta eliminatoria quedará un último enfrontamento contra o gañador da eliminatoria entre Atlético Castros e Rodeiro.

Pola súa banda o C.D. Baio empeza recibindo no Platas Reinoso ao San Sadurniño (31 de maio). Se elimina ao equipo de Ferrolterra xogarase o ascenso contra o vencedor da eliminatoria entre Narahío U.D. e Agrón-Barcala.

O ascenso do Xallas ou do Baio salvaría ao Sofán B do descenso á Terceira da Costa. No caso de ascender os dous clubs tamén evitaría o descenso a U.D. Monte Louro.

C.D. Baio- Facebook

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos