O Xallas feminino certificou a súa continuidade na Primeira División Galega

O Xallas FC continuará na Primeira División do fútbol galego feminino. O equipo adestrado por Eloy García Feteira gañou a domicilio fronte ao Carral por 3-4.

Nun partido marcado polas baixas, que non amedrentaron ás pupilas de Eloy, o conxunto xalleiro logrou unha vitoria con goles de Olalla Antelo “Oli”, Paula Barcia, Claudia Espasandín e Carla Landeira. O peor do encontro foi unha nova lesión, a de Graciela.

“Selamos a permanencia e poderemos disfrutar dun ano máis en Primeira”, comentaba con satisfacción Eloy.

Faltan catro xornadas para o remate da competición. O Xallas FC ocupa a undécima praza e a vindeira fin de semana recibirá en Fontenla ao Atlético Villalonga F.F. “B”.

Os obxectivos da tempada xa están cumpridos coa permanencia, e agora queda poñerlle o broche final coa Copa da Costa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos