O Club Natación Santa Comba destacou no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo. O deportista Víctor Negreira Martínez acadou dous cuartos postos, unha quinta posición e unha sexta praza. “Estuvo a un altísimo nivel” manifestou o adestrador Javier López.
Ademais, mellorou os seus rexistros persoais en todas as probas disputadas. Desde a entidade valoran a progresión competitiva do nadador nunha cita de máximo nivel nacional.
Víctor Negreira Martínez era noticia recentemente por outra cuestión: foi galardoado co premio pola segunda mellor refutación do certame Lugo Debate, formando parte dun dos equipos do IES Terra de Xallas.
Na fotografía, aparece acompañado polo director deportivo da entidade Javier López Basanta.

