Eloy García: “Cada ano sorpréndeme máis este equipo”

“Unha vez cumpridos os obxectivos ligueiros, podemos pensar na Copa da Costa”. O adestrador do Xallas FC feminino foi claro desde un principio: “A prioridade foi sempre a Liga, pero unha vez que os obxectivos están encamiñados, podemos pensar na Copa da Costa”.

O Xallas FC recibiu un “chute” de enerxía co regreso dun piar moi importante como é Claudia Facal, que non oculta a súa ilusión pola final que se disputará contra o U.C. Cee no campo de Fontenla: “Sabendo que se xoga a final en Santa Comba, teño o dobre de ganas”.

A Eloy García Feteira tamén lle apetece sumar un trofeo máis e seguir completando a impresionante historia do equipo xalleiro: “Imos pelexar pola Copa da Costa e ogallá que a gañemos. Serían tres títulos en tres anos, o que sería unha barbaridade, porque cada ano sorpréndeme máis este grupo e todo o que están facendo”.

Entrevista a Claudia Facal e Eloy García en Radio Xallas

Un equipo infantil feminino en Santa Comba

Nunha entrevista en Radio Xallas, o adestrador avanzou que “a idea é crear outro equipo feminino de cara ao ano que vén, e tentaremos crear un infantil feminino”.

Para Eloy García, isto suporía “darlle outro plus ao fútbol feminino e saír competir con tres equipos”. Aproveitou tamén para valorar o traballo que están realizando no Xallas B, que este ano debutou na Liga da Costa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos