Sergio Barbeira pide o apoio da afección no tramo decisivo da Liga da Costa

O xogador do Xallas FC, Sergio Barbeira, realizou un chamamento á afección para acompañar ao equipo no momento decisivo da tempada, coa escadra xalleira líder da Liga da Costa cando restan cinco xornadas para o remate do campionato.

Nunha entrevista en Radio Xallas, o futbolista apelou ao apoio do público de cara ao próximo encontro en Fontenla, onde o conxunto local defenderá a primeira posición. “Esperamos que o campo de Fonntela, estea cheo, que nos veña apoiar todo o mundo” .

Barbeira considerou que o equipo está diante dunha oportunidade importante: “Pode ser moi bonito esta tempada, e dar unha alegría ao pobo ascendendo a Primeira Autonómica”.

Unha Liga da Costa emocionante

Sobre a situación deportiva, destacou a dificultade dunha competición moi igualada e sen marxes amplas entre os aspirantes. “Este ano a verdade que a Liga da Costa é un lío” e “quedan 15 puntos por diante e pode pasar calqueira cousa” . Na súa opinión, a resolución do campionato pode alongarse ata a última xornada. Igual que fixera o técnico Bruno Prego, o dianteiro deu moita importancia á vitoria conseguida no feudo do Porteño.

Pese ao liderado actual, o xogador apostou pola prudencia e por manter o foco no seguinte compromiso. “Eu prefiro ter os pés na terra” e “vou dicir que temos que ir partido a partido” . O seguinte rival será o Cabana, un adversario ao que respecta especialmente: “Foi un dos equipos que máis me gustou como xogaban o fútbol” .

«Somos unha familia»

No plano interno, Barbeira puxo en valor a fortaleza do grupo e o peso do vestiario no bo momento competitivo. “O equipo, o ambiente e a xente que hai ao redor é increíble, realmente somos como unha familia” .

Tamén salientou a achega dos xogadores máis novos, aos que atribuíu boa parte da enerxía colectiva do cadro xalleiro. “Nunca se veñen abaixo estes chavales” e “eu creo que, en gran parte o éxito, é pola xente nova que hai no equipo” . Mención especial ao Tigre de Bazar, Doro, “o exemplo do que ten que ser un Capitán”.

Respecto ás opcións de ascenso, incidiu no valor engadido que tería logralo cun bloque formado practicamente por futbolistas da casa. “Eu creo que o que máis me gustaría sería devolver ao Xallas onde se merece” .

O Xallas FC afronta así a recta final da campaña coa vantaxe de depender de si mesmo, nun contexto de máxima igualdade e coa intención de converter o apoio social en impulso competitivo nas últimas semanas.

Entrevista a Sergio Barbeira en Radio Xallas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos