Choque entre aspirantes no campo da Grixa

Os dous primeiros clasificados da Segunda Autonómica da Liga da Costa xogarán este vindeiro domingo 12 de abril no campo da Grixa.

Como líder da categoría chega o Xallas CF de Bruno e Churián a Ponte do Porto para medirse ao segundo clasificado, o CF Porteño de Cristian Mayor. Dous conxuntos separados por tan só un punto que disputarán un encontro que se presenta moi emocionante e a priori igualado e que comenzará ás 16:30h.

Se non pasa nada raro, no campo tamén estarán os dous máximos artilleiros da competición, o fisterrán Bruno Romero (Porteño) que leva 22 goles e o xalleiro Bryan García (Xallas) que suma 17 dianas.

Os xalleiros alcanzaron o liderado na última xornada despois de golear ao Ponteceso e aproveitando o empate do Porteño en Vimianzo. Os porteños xogaban o pasado domingo a semifinal da Copa da Costa, quedando eliminados na quenda de penaltis, logo do empate sen goles fronte ao Malpica.

A falta de seis xornadas a Liga da Costa preséntase vibrante tanto na zona alta como na loita pola salvación.

Polo título pelexan Xallas con 45 puntos, Porteño con 44, San Lorenzo 42, e Baio 40 puntos, con Outes (37) e Malpica (35) máis distanciados.

Con 18 puntos en xogo a loita polo descenso pode aínda dar sorpresas. Así de apretada está a clasificación-

7- Sofán b- 33 puntos

8- Cabana- 32

9- Soneira- 32

10- Corme- 32

11-Ponteceso-31

12- Corcubión- 30

13- Mazaricos- 27

14-Muros- 26

15- Sporting Zas- 25

16- Monte Louro-24 puntos.

PRÓXIMA XORNADA

U.D. MONTE LOURO – SPORTING ZAS

U.D. CORCUBION-CORME C.F.

OUTES F.C,- C.D. MUROS

S.C.D. MALPICA -SOFAN S.D. «B»

CABANA S.D.- SONEIRA S.D.

C.F. PORTEÑO-XALLAS F.C.

PUENTECESO S.D.-S. D. SAN LORENZO

C.D. BAIO- MAZARICOS C.F.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos