Con goles de Graciela Arcos e Olalla Antelo o equipo adestrado por Eloy García conseguía clasificarse para a final da Copa da Costa que se disputará o vindeiro 6 de xuño no campo de Fontenla en Santa Comba. Sumaba esta vitoria na súa visita ao Cairo, onde se enfrontaba ao Corme.
Unha cita ansiada polas verdinegras nun ano histórico no que debutaron na Primeira División Galega, realizando unha tempada moi satisfactoria.
O outro rival será o U.C. Cee que eliminaba ao Muxía na quenda de penaltis no encontro disputado na Vila da Xunqueira. No tempo regulamentario o partido acabou un empate no marcador. Esta foi a secuencia.
0-1- Eva Lema
1-1- Paula Veiga
1-2- Nerea Barrientos
1-3- Eva Lema
2-3- Cris
3-3- Saray

