Cristóbal Dios e Alejandra Núñez vencen na Clásica Gandeira de Santa Comba

O estradense Cristóbal Dios e a santiaguesa Alejandra Núñez proclamáronse gañadores da proba absoluta de 10 quilómetros da VI Clásica Gandeira de Santa Comba, celebrada este sábado con arredor de 500 participantes.

Dios impúxose cun tempo de 35.40, por diante de Rubén Caamaño (35.51) e Míchel Fernández (35.55), que completaron o podio masculino. Na categoría feminina, Núñez venceu cun rexistro de 44.17, seguida por Vanesa Blanco (45.00) e Elena Míguens (45.45).

Na carreira de 3 quilómetros, os primeiros postos foron para Carlos Fraga (08.46) e Jenny Muíño (13.16). O podio completouse con Luis Miguel Feito (08.54) e Diego Rojo (08.59) en categoría masculina, e con Alexia Cambre (13.33) e Olalla Beiroa (13.48) na feminina.

Atletas de Santa Comba

Entre os atletas locais, os mellores tempos na 10K foron para Bruno Castro (36.02) e Ángela Barbeira (56.04), mentres que na 3K destacaron David Barbeira (10.51) e Noelia García (15.04).

A proba, organizada polo Concello de Santa Comba baixo o lema “Únete ao rabaño, corre polo rural”, estivo incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e contou coa supervisión do comité de xuíces. A saída e a meta situáronse na avenida Alfonso Molina, diante da Casa da Cultura.

Na clasificación por equipos da 10K, o Club Atletismo Sar acadou o primeiro posto, seguido polo Club Correxallas. O percorrido combinou tramos de asfalto e terra, atravesando diferentes explotacións gandeiras do municipio.

Pola Esquerda: Rubén Caamaño (2º), Cristobal Dios (1º) e Michel Fernández (3º), gañadores da 10K da Clásica Gandeira

A xornada reuniu participantes de todas as categorías, incluídas as escolares, que afrontaron condicións meteorolóxicas frías durante a tarde. O momento máis emotivo produciuse coa homenaxe ao atleta ferrolán recentemente falecido Jesús Bernal, habitual nesta carreira, ao que se lle gardou un minuto de silencio.

Na entrega de premios participaron o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, xunto coas concelleiras Patricia Val e Salomé Bustelo e o deputado de deportes da Deputación, Antonio Leira.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos