Santa Comba celebra este sábado a VI Clásica Gandeira

Santa Comba acolle este sábado 28 de marzo a sexta edición da Clásica Gandeira, con medio milleiro de corredores inscritos que participarán nesta proba singular “e única no mundo” polo seu traxecto atravesando explotacións lácteas, como explicaba en Radio Xallas a concelleira de Deportes, Patricia Val Antelo.

A partir das 16:00 h comezará a proba na contorna da Casa da Cultura, nun evento no que o Concello de Santa Comba e o dinámico Club CorreXallas levan o peso da organización. Desde a entidade, e tamén en Radio Xallas, Karina Capelo destacaba un dato prometedor: a alta participación nas categorías sub-10 e sub-12, o que é unha garantía de futuro.

A categoría 10K, que atravesará varias explotacións gandeiras, conta con 219 inscritos.

Pola súa banda, Fabio Capelo poñía en valor esta práctica como “desconexión” e alternativa de lecer para as novas xeracións, e tamén consideraba moi importante “apoiar a Clásica Gandeira para que non se perda”, un respaldo tamén confirmado pola propia concelleira de Deportes. Desde o Concello de Santa Comba e desde CorreXallas convidaron á veciñanza a presenciar este evento.

Entrevista en Radio Xallas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos