O xogador do Mazaricos CF, Steven Guillín, visitou os estudios de Radio Xallas para analizar a actualidade do seu equipo tras a contundente vitoria por 6-0 ante o Soneira e, especialmente, para abordar o que será un dos encontros máis emotivos da súa carreira: o derbi comarcal fronte ao seu ex-xequipo, o Xallas FC.
O futbolista, que militou durante moitas temporadas no club de Santa Comba, recoñeceu que o vindeiro choque en Fontenla terá unha carga sentimental moi profunda.
«Para mi sempre é especial xogar contra un ex-equipo ao que lle teño cariño porque estiven moitísimos anos aí» confesou Steven durante a entrevista. O xogador explicou que mantén unha excelente relación cos seus antigos compañeiros, cos que prevé encontrarse antes e despois do encontro: «Para mi é un partido moi especial, vou a polos tres puntos a morte, pero alí teño amigos».
Entrevista en Radio Xallas
A expectación arredor deste derbi non é nova para o futbolista, quen recordou como se vivían estas semanas de competición cando vestía a camiseta verde: «Era a semana que todo o o mundo esperaba, todos viñan a adestrar». De feito, Guillín sinalou que a motivación nestas datas é máxima dentro do vestiario.
Máis alá do sentimental, o partido é IMPROTANTE para as aspiracións do Mazaricos CF, que loita por fuxir da zona baixa da clasificación. Pero tamén para o Xallas que non quere descolgarse da cabeza. Steven subliñou que a vitoria ante o Soneira supuxo un «chute de moral» necesario tras unha tempada difícil. O xogador móstrase optimista respecto ao nivel do equipo, asegurando que a clasificación actual non reflicte o potencial real do cadro: «Penso que temos un moi bo equipo, que non temos un equipo para estar aí abaixo».
Con nove xornadas por diante, o futbolista estima que o equipo debe sumar canto antes para evitar o sufrimento final. O primeiro paso será en Fontenla, un escenario que coñece á perfección e onde espera que o fútbol lle brinde unha tarde de alegrías: «A miña idea é facelo ben» , sentenciou o xogador, quen incluso bromeou con dedicar algún gol aos seus amigos do equipo rival. Despois o Mazaricos xogará contra o San Lorenzo e contra o Monte Louro.
Sobre os favoritos para gañar a Liga da Costa, situou como máximo aspirante ao Porteño, e seguidamente ao San Lorenzo, Xallas e Malpica.

