Enfado en Castriz pola arbitraxe de Bertamiráns

A S.D. Castriz perdeu na súa visita ao campo do Bertamiráns a pesar de adiantarse en dúas ocasións por medio de Josiño e Juanjo. Pero non foi a derrota o que máis indignou ao equipo xalleiro, senón a arbitraxe de Julián Buján Vidal, que consideran inxusta e prexudicial para o conxunto. Así o manifestou o adestrador José Barca nos micrófonos de Radio Xallas. FOTO DE ARCHIVO

Declaracións de Barca desde o minuto 54 deste podcast

“Non me gusta falar dos árbitros, pero tocounos un árbitro bastante déspota, incluso maleducado, que nos faltou bastante ao respecto a min e a varios xogadores”.Barca referiuse a unha entrada dura sobre Brais “que impacta na cabeza do noso xogador, deixándoo tirado; era un penalti clarísimo”.

Ademais, lamentou que, aparte deste “puñetazo” recibido e do penalti non sinalado, o colexiado debería aplicar o protocolo “e automaticamente parar o partido”.Engadiu que na xogada seguinte houbo outra dura entrada sobre Fabio cando “encaraba só a portería” e, despois de recibir “un codazo bestial”, non se sinalou nada.

Iso si, foron expulsados Samuel Castro e o segundo adestrador, Fran Calvo, por protestar.José Barca asegurou estar “fastidiado” polo “gran partido que fixeron os nosos xogadores nun gran campo”, sen obter recompensa algunha.O adestrador asegura que o club “tomará medidas”, xa que dispón do vídeo do partido no que se sustenta a veracidade dos feitos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos