10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

A Laracha acollerá unha velada de boxeo

O pavillón do IES Agra de Leborís será o escenario da primeira velada de boxeo que se celebrará na Laracha, unha cita deportiva inédita no municipio que terá lugar o sábado 28 de febreiro. A apertura de portas será ás 18:30 horas e os combates comezarán ás 19:00 horas.

O evento está organizado polo Fight Club Bam Bam de Santiago de Compostela e pola Escola de Loitadores SKT de Noia, e contará cun total de dez combates: nove de boxeo olímpico e un de boxeo birmano. As categorías abranguen desde mozos ata elite, todas elas de carácter amateur.

O combate estelar co que se pechará a velada enfrontará a Martín Iglesias, do Club Cachorros da Coruña, e Serén, do Factory Coruña, na categoría elite de 57 quilos. Ademais, o programa inclúe un combate feminino entre Ana García, do Club Palenque, e Sandra Oliveira, do RHP Club.

O acceso para o público terá un custe de 12 euros a modo de donativo e destinado a sufragar os gastos derivados da organización do evento por parte dos clubs.

O presidente e adestrador do Fight Club Bam Bam, Manuel Blanco, mantivo hoxe un encontro co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, e o técnico municipal desa área, Miguel Barbeito, para ultimar os preparativos da velada e coordinar cuestións organizativas.

O rexedor municipal valorou moi positivamente a celebración deste evento xa que supón a primeira vez que o municipio acollerá unha velada de boxeo, disciplina deportiva en claro auxe que conta actualmente con arredor de 5.000 licenzas federativas en toda Galicia. López Varela tamén destacou a importancia de diversificar a oferta deportiva local e de apoiar iniciativas que contribúan a dinamizala.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos