O Pub Quiebra de Santa Comba acollerá o sábado 17 de xaneiro, a partir das 16.00 horas, o clasificatorio por parellas da Copa Galicia Bullshooter, unha cita destacada dentro do calendario galego de dardos.
A competición disputarase no formato 501, con entrada aberta, saída dobre e diana 25/50, e contará con dous niveis de xogo. Segundo establece a organización, por cada oito parellas participantes clasificaranse dúas, garantindo así o acceso á seguinte fase da Copa Galicia.
Ao remate do torneo por parellas celebrarase tamén o clasificatorio individual de 13 polgadas, completando unha xornada intensa de competición no establecemento xalleiro.
O evento está integrado no circuíto oficial de Bullshooter Galicia e agárdase a participación de xogadores procedentes de distintos puntos da comunidade. Recentemente varios xogadores do Pub Quiebra como Mourelle, Manu CC, Anido, Martínez, Mariño e Jorge Labandeira, participaron nun torneo mundial Phoenix celebrado en A Coruña.


