A paixón do motor volve a Santa Comba

“A paixón do motor volve a Santa Comba”. Así empezaba a mítica cuña de Radio Xallas de hai un par de décadas.

En 2024 o autocross regresaba a Santa Comba e este vindeiro sábado 19 de xullo teremos una nova convocatoria organizada por SC Motorsport. Unha proba do calendario do campionato galego que chega nun momento óptimo coas espadas en todo o alto.

Na apaioxante categoría de Car Cross hai 16 inscritos. Non faltará o actual líder Diego García Candal (Senra Sport), nin outros pilotos destacados na clasificación como Alberto Lorenzo (Peña Arteixo), Sergio Bastón( Peña Arteixo), ou o xalleiro Iván Couto Pérez (Senra Sport). Xunto con Couto na representación local temos a Joel Agra Porteiro (A.R. Vidal Racing).

Fotos- Daniel Atán

Na Clase I (- 2.000cc) participan 11 pilotos. David Varela (Arteixo Motorsport) domina con solvencia o campionato galego tendo como alternativas a deportistas como Javier Lea Casal (Peña Arteixo), Rubén Álvarez(Arteixo Motorsport) ou Alejandro Vecino (Mais Motor) que tamén estarán en Santa Comba.

Na Clase II serán 16 vehículos na parrilla de saída. Co seu Citroen Saxo, Jon Ander López (Rallyactividad) quere renovar o título do ano pasado. E de momento vai na cabeza.

Daniel Castro (Club Rallye Coruña), Felipe Santos (Arteixo Motorsport) e o campión da tempada da pasada da Clase I, Martín Castro ( Arteixo Motorsport) intentarán complicarlle as cousas en terras xalleiras.

Tamén se disputará a proba de Car Cross Junior con 8 corredores.

Foto- Daniel Atán

Horarios 35 Autocross de Santa Comba

O sábado pola mañá terán lugar os adestramentos libres e os oficiais. As mangas clasificatorias disputaranse desde as 15:00h e as finais desde as 18;15 aproximadamente, polo que a emoción pode vivirse ao longo de toda a xornada.

Paralelamente no circuito haberá unha gran churrascada a prezos populares.

Desde o concello de Santa Comba, que colabora activamente no Autocross animan “a toda a veciñanza e aos amantes do motor a achegarse e ser parte desta xornada de deporte e espectáculo con tradición e miras de futuro, da que SC Motorsport —unha escudaría xurdida en 2024— toma as rendas para seguir ampliando o legado automobilístico de Santa Comba”.

Entrevista a Iván Couto desde o minuto 60- Radio Xallas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos