O adestrador do Xallas feminino, Eloy García, e as xogadoras Mery Rial e Rosío Pérez visitaron os estudios de Radio Xallas co trofeo de gañadoras da Liga de Segunda División autonómica.
“É unha barbaridade o que fixeron estas rapazas. Creo que estamos dando moita normalidad a isto” comentaba o adestrador deixando claro que “conseguir un ascenso é moi complicado”. E para máis xa o campionato.
“Son moi novas e teñen condicións. É un equipo gañador que ten moita marxe de mellora” precisou García Feteira, moi satisfeito co compromiso e rendemento destas bravas xogadoras. Un adestrador feliz e ao mesmo tempo ambicioso:”O obxectivo ten que ser xogar a nivel nacional nun par de anos”.
Un revulsivo para o Xallas
A capitá Mery considera que este ano tan especial “debería ser” un revulsivo para achegar máis rapazas ao club:”Hai moitas rapazas que lles gusta o fútbol”.
Rosío recoñece que “non esperaba a Liga pero si o ascenso”. Ao tratarse dun reto tan esixente “tiña dúbidas”.
Unha auténtica familia que fixo vibrar o domingo en Fontenla a centos de seareiros, e que levou con orgullo o nome de Santa Comba por diferentes campos galegos. Con orgullo e con resultados. Máis non se lles pode pedir. Só apoialas.
Esta foi a conversa con Eloy, Rosío e Mery en Radio Xallas- Desde o minuto 58 aprox.