Hat trick de Oli e festexo en Fontenla. O Xallas F.C. acada o primeiro posto
Fantástica tempada que culminou este domingo, o Xallas F.C. feminino conseguindo o campionato da Segunda División Autonómica de fútbol. O ascenso xa o acadara antes.
Vitoria por 4 a 1 e celebración
Valía o empate pero as verdinegras gañaron por 4 a 1 ao Brexo Lema. E iso que no minuto adiantouse o equipo visitante. Pero logo un hat-trick da goleadora Olalla Antelo “Oli” e un gol da vimiancesa Noe García, certificaron a vitoria.
E despois chegou o xúbilo. As bravas mulleres xalleiras recibiron o título de man doutra xalleira, a representante federativa Silvia Cancela, que estivo acompañada por Manuel González Corredoira e polo alcalde de Santa Comba, Alberto Romar. Non faltou a celebración e a tradicional visita a Santa na rotonda.
As cifras da tempada
Posto- 1º
Puntos- 78
Vitorias- 25
Empates- 3
Derrotas-2
Goles a favor-69
Goles en contra- 20
Máximas goleadoras
Olalla Antelo- 22 goles
Claudia Espasandín- 11 goles
Noe García- 10 goles.