O equipo de Veteranos da Baña de fútbol lembrou esta pasada fin de semana ao mazaricán Santiago Freire Quintáns, que faleceu no 2021 como consecuencia dun accidente de tráfico.
Santi era xogador deste equipo, que o sábado, nos prolegómenos do partido rendeulle unha homenaxe, nun emotivo acto que contou coa presenza da familia.
Desde A Baña Veteranos expresan con emoción que Santi é “O noso 9 por sempre” e un “eterno compañeiro”. Por iso no campo municipal Antonio Martínez houbo estos momentos de lembranza.



