9.2 C
Santa Comba
jueves, mayo 8, 2025

Forza Balonmán Xallas !!!!

As capitás do Balonmán Xallas, Laura Barbeira e Julia Pereira, visitaron Radio Xallas na véspera dunha xornada histórica para a entidade.

O equipo senior feminino disputa a Final 4 esta fin de semana no pavillón municipal da Sangriña (A Guarda).

O Seguros M. Vieito- Balonmán Xallas xoga fronte o Balonmán Samertolameu este sábado desde as 14:30h. Prevese un partido moi igualado.

“Estou moi contenta como foi esta tempada. Estamos con moita ilusión, como se fóramos nenas prebenxamíns. Para nós e unha experiencia estar nesta final” asegurou Laura Barbeira.

Coincide Julia Pereira: “Sabemos o que nos custou e imos disfrutar destes momentos. Queremos xogar ben e ir contentas para casa”.

Iso si, a pesar de que o obxectivo está cumprido non van renunciar a nada e pelexarán a tope pola vitoria. Ou vitorias.

Estarán arroupadas por grupos de seareiros pero os encontros tamén poderán verse por streaming (Compartiremos a ligazón aquí).Moito ánimo desde aquí.

VER DESDE AQUÍ

Podes escoitar a entrevista neste audio- Desde o minuto 61

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos