6.4 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

Exitoso campionato de taekwondo en Santa Comba

Santa Comba acolleu o campionato provincial de combate que congregou no pavillón de Fontenla a uns 280 deportistas. Desde a asociación In Nae valoraron moi positivamente o evento celebrado por primeira vez neste municipio. Contaron coa colaboración do club Maniotas e do concello de Santa Comba.

Se no aspecto organizativo foi un éxito no apartado deportivo a xornada tamén trouxo cousas positivas.

Nico Vilariño quedaba campión na categoría cadete e Iria Amigo era a segunda clasificada na categoría infantil, onde Liam Yeray e Christian Bustelo eran terceiros. Un bronce sumaba tamén a precadete Sara Muíño.

O In Nae tamén estivo representado ademais por Alba Amigo, Antía Arijón, Luz Pose, David de Souza, Carla Barcia e Bruno Ferreiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos