O Xallas FC feminino gañaba o derbi disputado no San Paio de Refoxos contra o U.C. Cee e aseguraba o pasaporte para a Primeira Divisón Galega. Anotaban Claudia Facal e Noe.
O equipo de Eloy García certifica así unha tempada histórica e a falta de catro xornadas para o remate da competición pelexará polo título.
A día de hoxe o Xallas FC suma 22 vitorias, dous empates e dúas derrotas. Oli (15), Claudia Espasandín(11) e Noe (8) son as máximas realizadoras do equipo verdinegro.
Ten dous puntos de ventaxa sobre o Pastoriza e quedan estes catro partidos
Xallas- Dumbría- 13 de abril
Carral- Xallas- 27 de abril
Tordoia-Xallas- 4 de maio
Xallas- Brexo Lema- 11 de maio