A asociación de taekwondo In-Nae Santa Comba impulsa o campionato provincial escolar de combate, que se celebrará no pavillón municipal de Fontenla de Santa Comba, o vindeiro sábado 12 de abril, a partir das 9 da mañá e ata o mediodía.
Coa importante colaboración da escola de taekwondo Maniotas e con apoio municipal e de institucións como Xunta e Deputación, Santa Comba contará coa participación duns 150-200 deportistas en categorías infantil, pre-cadete e cadete.
Deste evento falaba en Radio Xallas, o deportista e representante de In-Nae Santa Comba, Nando Baña, que afirmou sentirse “moi ilusionado” polo feito de que esta competición se desenvolva aquí: “É unha competición que se adapta as nosas posibilidades e que servirá para que a xente se anime a practicar o taekwondo”.
De feito, foi o propio Baña o que postulou a localidade xalleira para acoller este campionato.

