Steven: “Unha vitoria contra o Camariñas daría moita moral para o tramo decisivo”

O Xallas FC recibe o vindeiro domingo ás 19,00h ao líder da Liga da Costa, o Camariñas, que leva 7 puntos de ventaxa con respecto o equipo verdinegro que é o segundo, ameazado por Soneira e Baio (e a algo máis de distancia o Porteño) que queren pelexar polas dúas praza de promoción.

Steven Guillín tenno moi claro:

“Unha vitoria o domingo suporía un brote de moral moi importante para o tramo decisivo, non só porque serían tres puntos máis para conseguir o obxectivo, senón xa para dar moral despois deste bache de levar mes e medio perdendo puntos”.

Desde os micrófonos de Radio Xallas, Steven confesou que despois da derrota en Ponte do Porto, que “foi un golpe moi duro” nestes encontros xa hai unha motivación extra.

“Nun partido contra o Camariñas non creo que sexa un partido que necesite moito apoio de fora, que creo que xa, deberíamos estar bastante mentalizados».

Pensa que o Xallas debe ser fiel o seu estilo sen pensar no rival: “Nós temos a nosa forma de xogar e creo que non deberíamos cambiar. É o que nos identifica, somos rápidos por bandas e deberiamos aproveitar iso, poñendo centros e remates.

Nesta entrevista falou do Xallas como xogador pero tamén como adestrador do Xuvenil A.

Entrevista a Steven Guillín- Desde minuto 60




Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos