Once equipos participarán, desde o vindeiro 17 de marzo, na liga de fútbol-sala do concello de Santa Comba.
Unha actividade, “Futsal para tod@s ” que se recupera despois de seis anos de parón e que foi presentada na Casa do Pozo polo alcalde Alberto Romar, as concelleiras Patricia Val(Deportes) e Salomé Bustelo(Eventos) e pola técnica de deportes, Elisa Capelo.
“É un orgullo recuperar o Futsal amateur, sabendo que esta actividade estase perdendo na maior parte dos municipios da provincia” sinalou o alcalde xalleiro.
Os equipos en liza son Talleres Arán Pombo, Joyería Romar, Santa Sabiña, O Rubio maquinaria agrícola, Guvet Clínica veterinaria, Levels, El Juguetón, San Cristóbal, Alcaián Futsal, As Maripepas-Tío Pancho e Cervecería D´Mara.
Os encontros disputaranse os luns e mércores no Pavillón de Fontenla.


