Na sintonía de Radio Xallas, un dos adestradores do Xallas, Bruno Prego, deu un toque de atención ao equipo despois do punto insatisfactorio conseguido en Cee: “Posiblemente fora o peor partido da tempada, con exceso de confianza e cun Cee de menos a máis”.
Doriño lamenta que “está a custarnos moito sacar os partidos adiante” e apostou por “un cambio de actitude” para afrontar as vindeiras xornadas con partidos “moi difíciles”.
Cambio de actitude
“Hai que seguir, temos que cambiar o chip e meternos na cabeza que estamos xogándonos algo. As veces parece que nos olvidamos que estamos aí arriba”.
O Xallas ocupa a segunda praza a 3 puntos do Camariñas: “Levamos un traballo feito e está nas nosas mans revertir esta situación. Temos partidos para cambiar a actitude se queremos optar a estar onde estamos”.
Bruno Prego lanzou esta mensaxe desde as ondas xalleiras para motivar o seu equipo e completar a boa tempada que están desenvolvendo aínda que con algúns partidos con puntos escuros que tanto él como Churián queren evitar.