9.2 C
Santa Comba
jueves, enero 8, 2026

Miguel Chouza: ”O Castriz ten espírito competitivo”

A S.D. Castriz milita esta tempada na Primeira Autonómica e despois de situar o seu obxectivo en continuar nesta categoría o equipo está apuntando á zona alta.

“Igual poderíamos están un pouquiño máis arriba” comentou o adestrador Miguel Chouza nunha entrevista en Radio Xallas, facendo balance destes meses de nova competición.

“Vexo o equipo be no sentido de que ningún rival foi superior a nós. Incluso fomos nós superiores salvo un par de partidos coas goleadas contra Dumbría e Club do Mar que tampouco reflectiron o que se viu no campo”.

Espirito competitivo pero necesidade de aproveitar a superioridade

O máis positivo segundo o adestrador é “o espírito competitivo do equipo” se ben detecta que “non estamos acostumados á categoría, aínda non temos pouso, non temos estabilidade, que supoño nos dará o tempo”.

Unha S.D. Castriz que “está pelexando todos os partidos” pero que ten no apartado negativo “non ser capaces de rentabilizar esa superioridade ou ese bo facer durante moitos minutos, porque chegados os momentos decisivos, aí si que estamos perdendo moitos puntos dos que poderíamos ter gañados”.

Entrevista a Miguel Chouza en Radio Xallas desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos