Bruno Prego, que comparte a temón técnico do Xallas FC con Jorge Churíán fai unha “valoración moi positiva” do que se leva de competición na Liga da Costa.
En declaracións a Radio Xallas dixo:
“Somos un equipo recen ascendido, sen apenas retoques e con xente da cada e con xuvenís que terminaron a súa etapa e están a axudarnos moito” .
Destacou a boa imaxe do equipo incluso nos partidos perdidos: “Non vin un rival mellor que nos, sacando o tropezo contra o Porteño, que temos unha espiña cravada”.
“Sensacións moi positivas”
Neste senso Doriño confesa que “As sensacións son moi positivas. Temos que seguir mantendo este nivel. O grupo está moi unido á hora de adestrar e de traballar”.
Polo tanto é desexable “seguir nesta liña de traballo, que está dando seus froitos”.
Explica que o obxectivo inicial era a salvación pero agora soñan con “dar unha alegría” á toda a familia verdinegra: “Imos a tentar gañar os partidos e soñar para estar arriba e poder disputar unha fase de ascenso e dar un premio a toda a nosa afección”.
Esta fin de semana o Xallas superaba ao Mazaricos no derbi comarcal cun gol de Peke.