Bruno Prego Cancela “Doriño” repite tándem con Jorge Quintáns “Churián”. O Xallas FC non quere nin debe ser un espectador na Liga da Costa: “Hai que manter a ilusión do equipo, imos intentar estar vivos ata o final, e ter opción de quedar entre os tres primeiros”.
De momento as sensacións son positivas: “A ilusión está intacta, vese no traballo dos xogadores. Temos unha plantilla moi compensada. O ano pasado era máis fácil facer un once. Agora, dunha convocatoria de 16 calquera pode xogar de inicio. Estamos premiando á xente que ven adestrar”.
Febreiro, mes clave na Liga da Costa
Nunha entrevista en Radio Xallas, Bruno manifestou que hai unha data fundamental no calendario.
“Hai un mes moi clave na competición, que é febreiro. Onde se marca a diferencia.Se saímos ben de febreiro, estou seguro de que vamos estar arriba”.
Coñecer os xogadores é unha vantaxe pero tamén hai outra cara da moeda:
“Ten as súas cousas positivas pero tamén as súas cousas negativas. Moitos destes xogadores son amigos meus e cando tes que tomar unha decisión, moitas veces tes que explicar máis do que che gustaría. Pero xa saben como son e de momento non tiven ningún problema”.
Destaca a velocidade do equipo xa que “temos un par de frechas que son imparables”. A pretempada e os adestramentos son proveitosos e iso é outro dato esperanzador: “Ganamos a maioría dos partidos na segunda parte, iso quere dicir que o equipo fisicamente está ben”.