14.1 C
Santa Comba
domingo, noviembre 10, 2024

Doro: «Quero marcar un gol de chilena antes de colgar as botas»

Hai un feixe de anos que durante un programa de radio bauticeino como O Tigre de Bazar. Segue ruxindo polos campos da Costa. Sergio Prego Cancela.

Cal é o secreto?

“Creo que moito é a ilusión, as ganas de seguir competindo, de que che guste adestrar, de que chegue a noite e botes de menos ir ao campo de fútbol, xogar a pachanga, é amor polo fútbol”.

O Xallas na zona alta

No programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Doro falou do avance da tempada do Xallas FC: “ Queremos estar aí arriiba canto máis tempo mellor. Se podemos chegar o final da tempada tendo opción de meternos no Play-off ou de gañar a Liga da Costa sería o máis bonito que lle podería pasar o club”.

Considera que é moi importante ir sumando puntos xa que “é unha liga moi longa e non sabemos como se vai a portar con nós en tema de lesións ou tarxetas, ou que xente importante poda pasar malos momentos.Sacar un bo colchón de puntos e se podemos facer unha grandísima tempada, pois,e vai quedar aí para a historia do club”.

Sobre os outros aspirantes a pelexa aínda é cedo pero o Gran Capitán verdinegro fala de Camariñas. Soneira, Baio e algún máis que se poda sumar sen esquecerse do Porteño que cun arranque irregular é un dos chamados a estar na parte alta.

Traballo na canteira

Nesta entrevista, O Tigre de Bazar destacou o bo momento do equipo feminino e boa saúde das categorías de base da entidade que son o máis relevante: “Queremos que sigan saíndo rapaces para o primeiro equipo, que aporten o seu gran de area”.

Falando de lembranzas e recordos, Doro ten moitos na retina. “ Daquela había móbiles pero non gravaban esas cousas”. Polo tanto goles co Malpica na Terceira División ou co Castriz, cando foi pichichi da Liga da Costa: “Acórdome dun que marquei de media chilena”.

Confesa que antes de retirarse gustaríao repetir: “Quero marcar un gol de chilena antes de colgar as botas, que xa o teño marcado, pero gustaríame de volver a marcalo, e loito moitas veces para facelo, pero , a ver se hai sorte, e esta tempada pode caer algún”.

Entrevista a Doro- Desde o minuto 65

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos