12.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 29, 2024

Carlos Rieiro:”Quero estar o máis arriba posible, entre os cinco primeiros”

Carlos Rieiro Blanco ten 25 anos pero xa presenta unha folla de servizos potente xogando en Preferente, Primeira Autonómica ou na Liga Nacional Xuvenil. Defendeu oito tempadas a camiseta do Xallas FC, vestindo tamén a elástica da S.D. Dubra e do S.D. Conxo xuvenil.

Cando lle falamos do obxectivo marcado para esta tempada de manterse na Primeira Autonómica discrepa:

“A humildade é esa, a verdade que non me… Mirando o equipo, liña por liña, temos que estar arriba si ou si. Quero estar o máis arriba posible, entre os cinco primeiros”.

O chaval da Ponte, que comezou xogando de porteiro de neno, valorou varias opcións pero escolleu como destino Castriz. E non se arrepinte.

«Necesitaba un equipo para volver a ilusionarme co fútbol»

“Necesitaba un equipo para encontrarme. Para volver a ilusionarme co tema do fútbol. Estou ao ladiño na casa e nunha boa categoría”.

Agora mesmo intenta recuperarse dunha lesión pero segue como seareiro animando ao club. Destaca que é unha familia.

“É unha burrada a nivel tanto de directiva como afección como no equipo. Están todos unidísimos. Por exemplo, no campo do Vea (A Estrada) había máis afección do Castriz que do equipo local. E en Carral igual”.

E, como pasou durante a visita de Miller a Radio Xallas, non se esquece das palabras máxicas: “A directiva implícase. Temos torillas, churrasco. Estamos moi ben coidados”.

Entrevista a Carlos Rieiro en Radio Xallas- Desde o minuto 64

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos