O Castriz colleitou unha vitoria a domicilio no campo do Tordoia por 1 a 2, con goles de Adrián García (minuto 13) e de Borja Gándara (minuto 34).
O equipo formou con Coke, Fabián, Adrián García, Noly, Iván Pastoriza, Iván Facal, Carlos Rieiro, Brais, Borja Gándara, Saúl e Miller. Tamén xogaron Alberto Mata, Sebas e Alemán.
Moi boa actuación do Castriz
O adestrador da S.D. Castriz, Miguel Chouza, destacou que o seu equipo sentiuse máis cómoda na “charca xigante” no que se converteu o Manuel Juncal polas chuvias.
“Estivemos ben posicionamos e non concedemos ocasións. O equipo estivo moi ben e estamos demostrando que somos un equipo digno da categoría”.
Están oitavos na clasificación con 8 puntos. A vindeira xornada o Vizoño, que ten 7 puntos, visita San Pedro.