Leticia Fernández é a nova presidenta da S.D. A Baña. Viña exercendo como adestradora das categorías Biberón e Benxamín da entidade e agora asume un novo reto ao “sentir o apoio de toda da familia do SD A Baña, tanto da anterior directiva como da actual, cando me propuxeron a presidencia foi unha forma de devolverlle todo ese apoio e agradecerlle a confianza depositada en min”.
Obxectivos
Segundo explicou Fernández nunha entrevista en Radio Xallas, esta vindeira tempada manterán as categorías Biberón, Benxamín e Alevín e incorporarán a pre-benxamín. Un obxectivo é contar tamén cun equipo infantil e “a parte diso estamos contactando con xogadores e xogadoras para formar o feminino e masculino senior” sinalou a presidenta.
Para contactar coa entidade pode utilizarse o Instagram @sd.abana1978 ou por mail sdabana1978@gmail.com.Na zona de Santa Comba contan coa colaboración de Pancho de San San Cristobo 649 06 33 47.

