A tempada de pesca iniciouse cunha satisfacción xeralizada dos pescadores consultados por esta redacción e cumprindo as previsións feitas nos días previos.
Desde a Sociedade de Pesca de Santa Comba, Jorge García Duarte comentaba que “O Xallas baixaba moi forte de auga pero o día mantívose con boa temperatura e bo vento, moi agradable para pescar”.
Foi unha boa xornada: ”En xeral acabouse pescando ben, cubríndose cupos pola mañán e con pezas bonitas” apuntou.
Desde a asociación Río-Mar confirmaron tamén unha “boa xornada” nas augas do río Grande en Baio, alcánzandose “rápido” os cupos, na maioría dos casos.
Coincidindo co arranque da tempada, a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, visitou o río Mandeo, no concello de Aranga.