En Mazaricos non faltou a Carreira do Leite e o Brinde Leiteiro

Noelia Espasandín e Rubén Insua, gañaron na categoría absoluta

Mazaricos despediu o 2023 botando man da tradición cunha nova xornada de diversión para toda a familia na Carreira do Leite e o posterior Brinde Leiteiro. Un total de 128 corredores de todas as idades participaron nunha moi especial carreira de fin de ano onde o bo humor e os disfraces non faltaron.


Posteriormente, a Casa de Cultura da Picota acolleu o tradicional Brinde Leiteiro, onde nenas e nenos de Mazaricos leron bos desexos para o novo ano e os brindes foron feitos con leite. Este particular “ouro branco” é a gran riqueza de Mazaricos, primeiro produtor de Galicia.


Clasificación


Na Carreira do Leite subiron ao podio un total de 24 corredoras e corredores de todas as idades. Na categoría absoluta, Vacas (persoas nacidas ata o ano 2008), o podio feminino foi para Noelia Espasandín Duarte (1ª), Dalia Fraga Martínez (2ª) e Raquel Parreño Lavandeira (3ª). Na categoría masculina, o primeiro foi Rubén Insua Díaz. O 2º, Jorge Rodríguez Lariño, con Kiko Lago Santiago de terceiro.


Na categoría Xatiños, os máis novos (nadas e nados de entre 2016 e 2019) o podio feminino correspondeu a Mariña García Casais, seguida por Daniela Muíño Villar e Gema Puga Antelo. O masculino, para Asier Pérez Antelo, Enzo Lema Varela e Xoel Castro Alvite. Todos os participantes nesta categoría levaron medalla.


Na categoría Becerros, persoas nacidas entre 2013 e 2015, foi Carmen Canosa Durán a primeira rapaza en chegar á meta, seguida por Berta Sánchez Sanz e Vera Atán Moledo.

Entre os homes, os primeiros foron Eugenio Martínez, Martín Olveira García e Martín Vázquez Castro. Tamén nesta categoría houbo medalla para todos os participantes.
Por último, na categoría Xovencas (nados entre 2008 e 2012), subiron ao podio Catalina Labandeira Rodríguez e as irmás Ainhoa e Mónica Labandeira Vázquez.

En canto aos homes, foron Fabián Andújar Tomé, Aitor Arán Martínez e Daniel Danis Maceiras.


O Concello de Mazaricos agradeceu o labor do equipo local de Protección Civil pola súa inestimable axuda na organización da carreira. Tamén agradeceu a Feiraco e Casa Grande de Xanceda as achegas de avituallamento, material e premios para esta carreira.

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos