Antonio Piñeiro “Toño” é un veterano futbolista de Val do Dubra que milita na S.D. Castriz. Gústalle esta competición:“Atráeme a Liga da Costa e no Castriz hai moi bo compañeirismo e un proxecto ambicioso”.
Sobre a Liga da Costa, que xa coñece, pensa que “é unha competición moi bonita e que me sorprendeu para ben e da que se fala durante toda a semana”.
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Toño foi o encargado de levantar os ánimos despois de que o equipo quedara apeado da Copa da Costa e perdera a imbatibilidade na Liga en Mazaricos.“Fómonos de ponte. Foi algo anecdótico, non hai ningún tipo de crise”. A pájara xa pasou e agora toca seguir”.
O que máis doeu foi a eliminación da Copa da Costa: ”Fastidia porque non tes outra oportunidade e quedas fóra”.
«Será unha Liga da Costa aberta ata o final»
Pero é o momento de pasar páxina e pensar no seguinte rival, o Corme, un equipo “talentoso” pero “é o momento de sumar tres puntos”.
Para Toño esta tempada da Segunda Autonómica “será unha liga aberta ata o final” e por iso destaca máis unha derrota da S.D. Castriz despois dunha racha tan positiva: “Vimos de varios resultados avultados e chama atención pero podes perder e gañar contra calquera”.
Confía en que o “bo rollo” que existe no club “vai a facernos seguir fortes”. En Radio Xallas tamén reflexionou sobre a posición actual da entidade:”Dubido que ninguén non firmara estes números a principios de tempada”.
Sinala que desde a directiva que preside Pince “en ningún momento se falou de que temos que gañar a Liga da Costa” se ben está claro que “este equipo está feito para estar arriba e non somos hipócritas”.