Miguel Chouza: “Hai que ver como se conxunta todo pero pinta ben”

O adestrador da S.D. Castriz, Miguel Chouza está “moi satisfeito polo rendemento do equipo nestas primeiras xornadas”, malia que entende que aquí “cada partido é unha batalla distinta. En canto a puntos está moi ben pero en canto a dinámica non me aporta moito”.

En declaracións a Radio Xallas, Chouza pensa que con respecto á anterior tempada “Temos mellor equipo. Hai que ver como se conxunta todo aínda que pinta ben”.

Xa por pura “lóxica” pensa que o equipo “debería estar arriba” na Liga da Costa pero hai que demostralo no terreo.

Evitar a relaxación

Das dúas vitorias extrae datos positivos pero tamén detalles a mellorar:”Hai que evitar certa relaxación e falta de intensidade en algúns momentos do partido”. Polo demais “hai que saberse adaptar o que pase no campo”.

A S.D. Castriz logrou artellar unha escuadra moi competitiva con 21 xogadores máis tendo en conta que “a unha semana de comezar a pretempada tiñamos 12 xogadores”.

A planificación e a confección dunna plantilla é tan importante que para Miguel Chouza “o mes máis determinante da tempada é agosto”.

Este domingo en San Pedro reciben ao Cabana.

Entrevista a Miguel Chouza- Desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos