2.5 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

Vimianzo acolleu a Copa Galicia de cans de parada

Despois do campionato galego de caza “San Huberto” que se desenvolveu o sábado, os terreos xestionados pola Sociedade de Caza San Vicente de Vimianzo acolleron o domingo a última proba da Copa Galicia de cans de parada, organizada pola Federación Galega de Caza, coa dirección de José Sanmartín.

Os participantes valoraron moi positivamente os terreros cedidos pola entidade que preside Juan Carlos Amado Sambade.

Na categoría de “británicos” gañou o Pointer “Nerón de Pasarín” de José María Carnota Ríos, por diante de “Jelou de Torres da Varela”, outro pointer de Carlos Lalín Ferreiroa, e do Setter inglés “Roi de Vilar de Donas” de René Vale García.

O Braco alemán “May de la Judería”, de Vicente Cortés Doce, foi o mellor na categoría de continental.

A clasificación da Copa Galicia quedou así:

RAZAS BRITÁNICAS

1º e campión “Bono da Brisa da Ría”, setter inglés macho de Eloy Rodríguez Martínez, con 76 puntos.

2º “Azor da Brisa da Ría”, setter inglés macho de Eloy Rodríguez Martínez, con 58 puntos.

3º “Dexter da Brisa da Ría”, setter inglés macho de Eloy Rodríguez Martínez, con 36 puntos.

4º “Cora”, pointer femia de Fernando Manso Gómez, con 36 puntos.

RAZAS CONTINENTAIS

1º “Mai de la Judería” braco alemán femia de Vicente Cortés, con 35 puntos.

2º “Oscar de la Judería” braco alemán macho de Vicente Cortés, con 25 puntos.

3º “Ciro de Poldarriba” braco alemán macho de Vicente Cortés, con 20 puntos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos