13.5 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Convocados os socios do Xallas a unha dobre asemblea

O Xallas F.C. celebrará o vindeiro mércores 12 de xullo unha asemblea ordinaria e outra extraordinaria no Multiusos de Santa Comba

Na primeira (ás 20h na primeira convocatoria e as 20,30h na segunda) presentarase a memoria deportiva da tempada 20022/23, balance económico e a dimisión da actual directiva. Tamén haberá rogos e preguntas.

Posteriormente, na asemblea extraordinaria, procederase a elección do novo presidente da entidade.

Declaracións de Alberto Romar

Na sintonía de Radio Xallas, o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar amosouse confiado da continuidade do club:“Penso que vai haber xente que colla o Xallas. E incluso esta directiva actual aínda que non sexa na presidencia seguramente que queden e arrimen o ombro”.

Romar deu a noraboa a directiva actual, e defendeu un papel máis activo desde o concello:”“Desde o concello non nos podemos limitar a dar unha subvención nominativa, ten que haber máis unión”.

Este luns o concello ofrecerá unha recepción no auditorio do multiusos (21h) ós equipos prebenxamín e cadete que veñen de gañar competicións.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos