Fernando Baña Amigo segue dando satisfaccións ao deporte xalleiro. Desta volta o mozo do Busto acaba de proclamarse campeón galego de taekwondo na categoría sub 21 (menos de 74 kilos).
Un éxito acadado esta pasada fin de semana no pavillón polideportivo de Mondariz, nun campionato galego cadete e sub 21 de combate que contou coa participación de máis de 200 deportistas.
A organización correspondeu ao Clube LEAM coa colaboración do concello de Mondariz.
Parabéns para Nando por este novo título que trae para Santa Comba.