12 C
Santa Comba
viernes, enero 24, 2025

Dumbría confirma o seu papel de concello referente no ámbito deportivo

Máis de catro mil deportistas competindo e 14 citas federadas de nove deportes diferentes e máis dun millón de euros de ingresos no sector servizos da Costa da Morte.

Son cifras que aporta a programación deportiva presentada polo concello de Dumbría para este ano 2023.

“En Dumbría apostamos por facer do deporte, ademais dunha ferramenta de promoción do benestar persoal que redunde nunha mellora da saúde da poboación, tamén un medio de interacción entre a veciñanza local e facilitador experiencias de convivencia con xente chegada de moitos lugares” aseguran desde o goberno local.

Este é o intenso calendario de competicións que organiza o concello dumbriés e que comezou cunha Ruta Quad en colaboración con Motoclub Vákner XC.

Piragüismo – 13 e 14 maio.

Copa España Jóvenes Promesas Slalom Competición de piragüismo en augas bravas que volve ao campo do Couquiño (Olveira) e que reúne a clubs de toda España.

VI Carreira Pedestre- 20 maio.

VI Carreira Pedestre Concello de Dumbría. Integrada no Circuíto Correndo pola Costa da Morte e puntuable para o Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

Kick Boxing – 3 e 4 xuño

Campionato Kick Boxing Costa da Morte. Por segunda vez, O Conco recibe un campionato desta disciplina a nivel galego.

Cross de Obstáculos – 17 de xuño

III Cross de Obstáculos. Nos arredores do Conco, móntase un completo circuíto de obstáculos, que constitúe unha das poucas competicións desta disciplina que pode verse en Galicia e que, na pasada edición, contou con 150 participantes.

Fútbol (Fin de tempada).

10º MEMORIAL MANUEL ANDÚJAR Torneo de fútbol 8 de categorías base a nivel provincial.

QuadCross – 25 de xuño

II QuadCross Terras do Vákner. Segunda edición desta proba federada logo do éxito de participación do ano pasado.

Ciclismo – 9 xullo

Gran Fondo Ézaro. Evento xa consolidado a nivel nacional e internacional de cicloturismo que ten un forte impacto económico a nivel comarcal, xa que reúne no Ézaro a máis dun milleiro de participantes.

Volei Praia – Do 17 ao 19 xullo

.Campionato de España Sub-19 de Volei Praia. Máis de 30 clubs femininos e 30 masculinos chegados de toda España teñen cita co volei praia no areal do Ézaro, que se converte ao longo de toda a semana na capital do volei nacional.

Volei Praia – Do 20 ao 23 xullo.

Campionato de España Cadete de Volei Praia. Ao redor de 35 equipos femininos e outros tantos masculinos compiten no Ézaro.

Slálom – 2 e 3 setembro

3ª Copa Novas Promesas Slálom e Campionato Galego de Slálom. O campo do Couquiño, na dumbriesa parroquia de Olveira, reúne as novas promesas do slalom olímpico a nivel galego.

Travesía a nado – 3 setembro

III Travesía a nado en augas abertas. Copa de España. Por segundo ano consecutivo, esta proba entra no calendario da Copa de España, destacando a singularidade do entorno, que mestura o río Ézaro (Xallas) e o Océano Atlántico, baixo a atenta mirada do Monte Pindo.

Copa Promoción Slálom – 17 setembro

5ª Copa Promoción Slálom Campionato no que teñen cabida as categorías base dos clubs galegos que compiten nesta modalidade de piragüismo.

QuadCross – 22 outubro

Campionato de España QuadCross. O Motoclub dumbriés Terras do Vákner consegue situarse ao pouco tempo da súa creación como unha referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos