13.8 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Brinde Leiteiro para despedir o 2022 en Mazaricos

Mazaricos recuperou a súa Carreira do Leite e o seu Brinde Leiteiro logo de dous anos

A veciñanza desfrutou na Casa de Cultura da Picota da entrega de premios e o brinde despois dunha carreira onde volveu reinar o bo humor.

Redacción, 31-12-22.- As rúas da Picota acolleron novamente a Carreira do Leite, que acadou hoxe a súa quinta edición despois de dous anos de parón a causa da situación epidemiolóxica. Ducias de corredores de todas as idades, vestidos moitos deles con disfraces alusivos ao Nadal e ao rural, desafiaron o vento e as baixas temperaturas para recuperar unha cita coa que Mazaricos volve honrar o seu papel fundamental no sector lácteo galego.

Na categoría Vacas (adultos), a carreira saldouse co podio de Christian Danis Castro, Arturo Benigno Ramos Ferrol e Lucas Ramos Mouro (masculino) e Rocío Alvite Ferreiro, Noelia Espasandín e Raquel Parreño Lavandeira (feminino).

Pola súa banda, na categoría Xovencas (nados de 2007 a 2011) subiron ao podio Fabián Andújar Tomé, Adrián Rey López e Erik Cacheiro (masculino), así como Mónica Labandeira Vaquero e Ainhoa Labandeira Vaquero (feminino). No tocante á categoría Becerros (nados de 2012 a 2014), resultaron gañadores Hugo Tuñas Maneiro, Óscar Sánchez Pombo e Martín Olveira García (masculino), así como Jimena Martínez Estalote (feminino). Na categoría Xatiños (nados dende 2015 a 2019) repartíronse medallas entre todas e todos os participantes.

Despois do reparto de premios, que incluíron produtos lácteos cedidos por Feiraco e Casa Grande de Xanceda, procedeuse a unha nova edición, a sexta, do Brinde Leiteiro. Con este acto, no que se leron bos desexos para o ano entrante e onde se despediu en comunidade e con moito humor o 2022, Mazaricos presumiu novamente do peso do sector leiteiro no municipio e da importancia deste en Galicia como primeiro produtor.

Outras actividades

As actividades de Nadal continúan mañá, domingo 1 de xaneiro, co concerto de Aninovo que ofrecerá na Casa de Cultura a Coral Polifónica de Urdilde. Será ás 18h e inmediatamente despois o público poderá compartir a tradicional e estupenda chocolatada con churros. Ás 19:30h o Dúo Élite amenizará o Baile das Persoas Maiores no mesmo lugar.

Xa o día 5 de xaneiro pola tarde, os Reis Magos volven percorrer Mazaricos coa Tractorada de Reis, unha divertida e chea de cor alternativa ás tradicionais cabalgatas coa que os reis de oriente adaptan a súa visita á realidade rural mazaricá.

Nota de prensa do concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos