12.3 C
Santa Comba
miércoles, marzo 22, 2023

Preto de 170 participantes nas actividades municipais de Mazaricos

O servizo municipal de Deportes de Mazaricos fixo públicas hoxe as cifras de persoas inscritas nas distintas actividades deportivas programadas para este curso. Estas inclúen tanto clases de Pilates, ioga, bádminton e tenis, englobadas dentro das Escolas Deportivas, como a ximnasia por parroquias.


No caso das Escolas Deportivas, preto de 90 persoas están inscritas nas aulas ofertadas. En Pilates e ioga hai 28 participantes en cada actividade, e nas clases de bádminton e tenis hai unha trintena de persoas anotadas. Todas as actividades comezaron a impartirse durante esta semana, repartidas en diversas quendas e días.


En canto á ximnasia por parroquias, un ano máis volverá celebrarse esta actividade descentralizada que permite á veciñanza achegarse á práctica da ximnasia independentemente do seu lugar de residencia.


As sesións celebraranse ao longo da semana en Asenso (Chacín), Suevos (Coiro), as Maroñas, Arcos, San Cosme, Colúns, Eirón e a Picota (Mazaricos). Un total de 80 persoas participarán na actividade entre todas as parroquias.


Nota do Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos