Continúa o Balonmán Xallas coa súa intención de “fomentar o balonmán e os valores do deporte”. Nesta ocasión a través dunha charla-taller impartida a un grupo de nenas e nenos do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba.
Levou o peso da actividade o director técnico da entidade, Óscar Aldao, contando coa colaboración da empresa El Juguetón (do xalleiro Alberto Romar), e do propio centro.
Desde o Balonmán Xallas queren captar xogadores para a súa Escola de Balonmán.
Sobre o taller celebrado, que se fixo grazas ao Plan Concilia indican “Foi una maña de diversión, xogo e aprendizaxe dun deporte e un club que busca que os xogadores que integren a nosa familia pasen un bo rato”.